Jason Carlton Thompson, nado o 21 de xullo de 1986 en Mount Laurel, Nova Jersey, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Wisconsin Herd da NBA G League.

Traxectoria universitaria Thompson foi un dos tres xogadores na NCAA en 2007 en facer 20 puntos e 10 rebotes por partido. Os outros dous foron Kevin Durant da Universidade de Texas, e Nick Fazekas da Universidade de Nevada]].

Na súa tempada coma sénior, na 2007-08, Thompson acadou 20.4 puntos, 12.1 rebotes, 2.7 tapóns e 1.1 roubos por partido.Rider Broncs Statistics - 2007-08 A súa mellor actuación foi o 9 de marzo de 2008 cando anotou 32 puntos e capturou 18 rebotes contra o Marist College. Liderou a Rider ó Torneo da Metro Atlantic Athletic Conference de 2008 contra o Siena College un día máis tarde, pero perderon por 74-53, malia os 22 puntos e 12 rebotes de Thompson. Rider rematou cunha marca de 23-10.

Traxectoria profesional Thompson foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Sacramento Kings.

O 25 de xuño de 2012, os Kings fixéronlle a Thompson unha oferta para ser axente libre restrinxido. O 11 de xullo de 2012, os Kings acordaron asinar de novo a Thompson.

O 20 de febreiro de 2020, Thompson asinou ata final de tempada co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB.Pelotazo del Casademont Zaragoza: firma al exNBA Jason Thompson O 24 de abril de 2020, Thompson e o Zaragoza chegaron a un acordo para a desvinculación do xogador, tras a situación xerada pola pandemia da COVID-19.Jason Thompson y DJ Seeley se desvinculan de Casademont Zaragoza

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no condado de Burlington, Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Shandong Heroes Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Sichuan Blue Whales Categoría:Xogadores do Basket Zaragoza 2002 Categoría:Xogadores dos Shanghai Sharks Categoría:Xogadores dos Guangdong Southern Tigers