Charles Patrick Ryan O'Neal, nado nos Ánxeles o 20 de abril de 1941 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 2023Birth Registry, californiabirthindex.org; consultado o 22 de xuño de 2014., máis coñecido profesionalmente como Ryan O'Neal, foi un actor estadounidense e antigo boxeador afeccionado. Traxectoria

O'Neal adestrou como boxeador afeccionado antes de comezar a súa carreira como actor en 1960. En 1964 comezou a intepretar o papel de Rodney Harrington na serie da ABC Peyton Place. A serie foi un éxito inmediato e lanzou a carreira de O'Neal. Máis tarde, tamén triunfou na gran pantalla, destacando as súas interpretacións en Love Story (1970), polo cal recibiu nomeamentos ós Oscar e ós Globos de Ouro como mellor actor, What's Up, Doc? (1972), Lúa de papel (1973), Barry Lyndon de Stanley Kubrick (1975) e A Bridge Too Far (1977). Dende 2007, tivo un papel recorrente na serie de televisión Bones, na cal interpreta a Max, o pai da co-protagonista Temperance "Bones" Brennan.

Filmografía The Big Bounce (1969) The Games (1970) Love Story (1970) The Moviemakers (1971) (curtametraxe) Wild Rovers (1971) What's Up, Doc? (1972) The Thief Who Came to Dinner (1973) Lúa de papel (1973) Barry Lyndon (1975) Nickelodeon (1976) Unha ponte lonxana (1977) The Driver (1978) A historia de Oliver (1978) The Main Event (1979) So Fine (1981) Green Ice (1981) Partners (1982) Irreconcilable Differences (1984) Fever Pitch (1985) Tough Guys Don't Dance (1987) Small Sacrifices (1989) Chances Are (1989) Faithful (1996) Hacks (1997) Zero Effect (1998) An Alan Smithee Film: Burn Hollywood Burn (1998) Coming Soon (1999) Gentleman B. (2000) The List (2000) People I Know (2002) Malibu's Most Wanted (2003)

Notas

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Finados en 2023