O Gran Premio de Mónaco de 1997 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 11 de maio de 1997 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco.

Sumario

A cualificación viu a Heinz-Harald Frentzen no seu Williams - Renault diante do Ferrari de Michael Schumacher, o terceiro lugar foi para Jacques Villeneuve no outro Williams. Cuarto foi Giancarlo Fisichella no Jordan - Peugeot, mentres que o quinto lugar foi para David Coulthard no McLaren - Mercedes e o sexto para Ralf Schumacher no segundo Jordan, que mostraba a boa posta a punto que o equipo atopara no circuíto. A sesión de warm-up foi en seco, os Williams lograron os lugares primeiro e segundo. Con todo, ao redor de 30 minutos antes do inicio, comezou a chover, Williams decidiu correr con pneumáticos de seco nos dous coches, pensando que o tempo melloraría, mentres que Michael Schumacher adaptou o coche para condicións climáticas intermedias. Durante a volta de arrequecemento, o tempo empeorou, e na saída, Schumacher foi o máis rápido. Aventaxaba en 22 segundos na volta 5. Detrás del, os Jordan, ambos cos coches axustados para a choiva, ocupaban os lugares segundo e terceiro, ata que ambos foron adiantados por Rubens Barrichello no Stewart, que se beneficiou dos pneumáticos Bridgestone de mollado, que funcionaban mellor que os Goodyear nesas condicións. O inicio da carreira foi catastrófica para o equipo Arrows, Pedro Diniz, que optara por empezar a carreira con pneumáticos lisos, deslizouse directamente contra o muro na primeira volta, mentres que o seu compañeiro de equipo Damon Hill estivo involucrado nunha colisión co McLaren de Mika Häkkinen na segunda volta, quedando eliminados os dous coches no acto. Os dous pilotos de Willams abandonaron a carreira despois de entrar en boxes para cambiar os seus pneumáticos. Frentzen golpeou unha barreira na chicane na volta 39, e Villeneuve chocou contra un muro e tivo que retirarse na volta 17. Schumacher continuou aumentando a súa vantaxe ata que tivo uns 30 segundos de vantaxe sobre Barrichello, e logo mantivo a distancia. Cometeu un erro na volta 53 na curva de Santa Devota, na que se foi polo camiño de escape e perdeu 10 segundos, pero non perdeu a súa vantaxe. A carreira foi detida na volta 62, en lugar das 78 previstas, polo límite de tempo de 2 horas, e Schumacher gañou cunha marxe de 53 segundos sobre Barrichello. Eddie Irvine terminou terceiro tras adiantar a Olivier Panis, sendo en certa medida unha vinganza pola manobra de adiantamento de Panis a Irvine o ano anterior.

Clasificación Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 4 Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:18.216 2 5 Michael Schumacher Ferrari 1:18.235 +0.019 3 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:18.583 +0.367 4 12 Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:18.665 +0.449 5 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:18.779 +0.563 6 11 Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:18.943 +0.727 7 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:19.105 +0.889 8 9 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:19.119 +0.903 9 7 Jean Alesi Benetton-Renault 1:19.263 +1.047 10 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:19.295 +1.079 11 17 Nicola Larini Sauber-Petronas 1:19.468 +1.252 12 14 Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 1:19.626 +1.410 13 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:19.674 +1.458 14 19 Mika Salo Tyrrell-Ford 1:19.694 +1.478 15 6 Eddie Irvine Ferrari 1:19.723 +1.507 16 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:19.860 +1.644 17 8 Gerhard Berger Benetton-Renault 1:20.199 +1.983 18 21 Jarno Trulli Minardi-Hart 1:20.349 +2.133 19 23 Jan Magnussen Stewart-Ford 1:20.516 +2.300 20 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:20.606 +2.390 21 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:20.961 +2.745 22 18 Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:21.290 +3.074

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Michael Schumacher Ferrari 62 2:00:05.654 2 10 2 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 62 +53.306 10 6 3 6 Eddie Irvine Ferrari 62 +1:22.108 15 4 4 14 Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 62 +1:44.402 12 3 5 19 Mika Salo Tyrrell-Ford 61 +1 volta 14 2 6 12 Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 61 +1 volta 4 1 7 23 Jan Magnussen Stewart-Ford 61 +1 volta 19 8 18 Jos Verstappen Tyrrell-Ford 60 +2 voltas 22 9 8 Gerhard Berger Benetton-Renault 60 +2 voltas 17 10 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 60 +2 voltas 20 Ret 4 Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 39 Accidente 1 Ret 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 36 Accidente 21 Ret 17 Nicola Larini Sauber-Petronas 24 Accidente 11 Ret 7 Jean Alesi Benetton-Renault 16 Trompo 9 Ret 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 16 Danos por accidente 3 Ret 11 Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 10 Accidente 6 Ret 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 9 Accidente 7 Ret 21 Jarno Trulli Minardi-Hart 7 Accidente 18 Ret 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1 Accidente 5 Ret 9 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1 Colisión 8 Ret 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1 Colisión 13 Ret 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 0 Trompo 16

Notas Previsto para 78 voltas, se detivo as dúas horas. Mika Salo non fixo unha soa parada en boxes. Correu as 61 voltas sen parar. Primeiro punto e primeiro podio para o equipo Stewart. Últimos puntos para Tyrrell. Última carreira na Fórmula Un para Nicola Larini. Única vez en 1997, que ambos Stewart terminaron a carreira.

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Michael Schumacher 24 2 Jacques Villeneuve 20 3 Eddie Irvine 14 4 Heinz-Harald Frentzen 10 5 David Coulthard 10

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 38 2 Williams-Renault 30 3 McLaren-Mercedes 20 4 Benetton-Renault 13 5 Prost-Mugen-Honda 9

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1997