Un cementoblasto é unha célula que se forma a partrir das células foliculares que se encontran arredor da raíz dos dentes e moas, situados revestindo a superficie da raíz entre os feixes do ligamento periodontal D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxina 612. ISBN 84-7605-361-4., e que teñen como misión a cementoxénese ou formación do cemento da raíz das pezas dentais (o tecido duro que cobre a raíz das pezas dentais e que as une co alvéolo dentario). Os cementoblastos depositan a matriz orgánica do cemento, que máis tarde será mineralizada con minerais procedentes dos fluídos orais. Depositan fibras de coláxeno e segregan osteocalcina e sialoproteína.

Os cementoblastos son grandes, arredondados, con citoplasma basófilo indicativo dun extenso retículo endoplasmático granular. Posúen todos os orgánulos asociados coa síntese proteica, como un grande retículo endoplasmático e aparato de Golgi.

Os cementoblastos expresan moitas das proteínas expresadas polos osteoblastos, pero tamén se informou de proteínas específicas dos cementoblastos, como a CAP e a CEMP1.Ivet Gil-Chavarría, Ma. De Lourdes Segura-Valdéz, Higinio Arzate, José Reyes-Gasga e Luis Felipe Jiménez-García. Distribución in situ de factores de maduración del ARN e la relación con su actividad transcripcional, en cementoblastos humanos. Arzate H, Olson S., Page R., Gown A. and Narayan S. FASEB Journal 6 (1992) 2990-2995 Explorouse a capacidade rexenerativa do cemento do tecido periodontal en casos de periodontite aplicando diversas substancias promotoras da proliferación dos cementoblastos Nuñez, Javier; Sanz-Blasco, Sara Isabel; Villalobos Jorge, Carlos; Nuñez, Lucía. 17β-Estradiol Promotes Cementoblast Proliferation and Cementum Formation in Experimental Periodontitis.

Diferenciación O mecanismo de diferenciación dos cementoblastos é controvertido D.D. Bosshardt. Are Cementoblasts a Subpopulation of Osteoblasts or a Unique Phenotype? pero evidencias circunstanciais suxiren que un compoñente epitelial pode facer que as células do folículo dental se diferencien en cementoblastos, os cales se caracterizan por un incremento da súa lonxitude. O cemento que se comeza a formar nos 2/3 coronais da raíz é acelular, pero cando os cementoblastos quedan atrapados en espazos ("lagoas") rodeados da matriz que segregaron, o cemento chámase celular ou cemento secundario e está presente só no terzo apical da raíz.

Unha vez que o cementoblasto se encontra illado na matriz desta maneira, deixa de segregar matriz e convértese en cementocito. Como o cemento non ten vasos sanguíneos, os cementocitos dependen da difusión de nutrientes a través do ligamento periodontal, e, como consecuencia, a maioría dos prolongamentos citoplasmáticos desta célula están volvidos para o ligamento.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Odontoblasto Ameloblasto

Ligazóns externas Cementoxénese Bosshardt DD, Schroeder HE. Cementogenesis reviewed: a comparison between human premolars and rodent molars. Anat Rec. 1996 Jun;245(2):267-92. PMID 8769668. Revisión sobre a cementoxénese.

Categoría:Histoloxía Categoría:Odontoloxía