miniatura|dereita|Durante a gastrulación fórmase o endoderma. miniatura|dereita|Sección a través dun embrión. miniatura|dereita|Sección a través dun embrión implantado no útero. O endoderma é unha das tres capas xerminais primarias que aparecen nas fases máis iniciais do desenvolvemento do embrión. As outras dúas son o ectoderma (capa externa) e o mesoderma (capa media), en tanto que o endoderma é a capa máis interna.Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010. As células que emigran cara ao interior ao longo do arquénteron forman a capa interna da gástrula, que se desenvolve orixinando o endoderma.
O endoderma consta de células inicialmente aplanadas, que despois se fan columnares. O endoderma formará o revestimento epitelial de moitos órganos.
Elementos derivados do endoderma A seguinte táboa indica os órganos derivados do endoderma.
Capa Categoría Sistema Xeral A categoría xeral indica que todos ou a maioría dos animais que conteñen esta capa producen a partir dela as partes sinaladas. Tracto gastrointestinal. o canal alimentario completo agás parte da boca, farinxe e a parte terminal do recto (que está revestida por involucións do ectoderma), as células que revisten todas as glándulas que verten no tubo dixestivo, incluíndo o fígado e páncreas Xeral Tracto respiratorio a traquea, bronquios e alvéolos dos pulmóns Xeral Glándulas e órganos endócrinos o epitelio de revestimento dos folículos da glándula tiroide e do timo aparato auditivo o epitelio do tubo auditivo e da cavidade timpánica aparato urinario a vexiga urinaria e parte da uretra
O fígado e o páncreas pénsase que derivan dun precursor común.
Nos humanos, o endoderma pode diferenciarse en órganos distinguibles xa na 5ª semana do desenvolvemento embrionario.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ectoderma Mesoderma Celoma Organoxénese
Categoría:Embrioloxía