Kosmos 31 (Космос 31 en ruso), tamén denominado DS-MT N°2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 6 de xuño de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.

Características Kosmos 31 foi o segundo satélite da serie DS-MT de tres que se lanzaron, e o primeiro lanzado con éxito. Foi inxectado nunha órbita inicial de 508 km de apoxeo e 228 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 91,7 minutos.

O satélite pesaba 325 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas de orientación eléctrica mediante xirodino no espazo, así como facer observacións sobre raios cósmicos..

Kosmos 31 reentrou na atmosfera o 20 de outubro de 1964.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos 51 DS-MT

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-MT