Kosmos 25 (Космос 25 en ruso), tamén denominado DS-P1 Nº4, foi un satélite artificial soviético lanzado o 27 de febreiro de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.

Características Kosmos 25 foi o cuarto e último membro (e terceiro lanzado con éxito) da serie de satélites DS-P1, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración e para a elaboración dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra. Usaba células solares colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite.

Foi inxectado nunha órbita inicial de 526 km de apoxeo e 272 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 92,1 minutos.

Kosmos 25 reentrou na atmosfera o 21 de novembro de 1964.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos 6 Kosmos 19

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1