Royce Alexander White, nado en Minneapolis (Minnesota) o 10 de abril de 1991, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria universitaria White comezou a súa etapa universitaria en Minnesota, pero algúns incidentes no ano 2009 fixeron que o botasen do equipo do baloncesto na tempada 2009-10, e posteriormente deixaría a Universidade de Minnesota. Despois disto, trasladouse a Iowa State. Na tempada 2011-12, liderou ós Cyclones en puntos, rebotes, asistencias, roubos e tapóns, e foi o único xogador na División I en liderar ó seu equipo nas cinco estatísticas. Ó remate da tempada, foi incluído no primeiro equipo All-Big 12 e no Big 12 All Rookie Team.
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, White foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Houston Rockets.
O 13 de xullo de 2013, White foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a Furkan Aldemir, para que os Rockets puideran facer óco salarial para poder fichar a Dwight Howard. O 25 de outubro de 2013, foi cortado polos Sixers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings