Prades (en ou simplemente Prada) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión de Occitania. É a capital do distrito de Prades e do cantón de Prades.

A vila é capital da comarca norcatalá de Conflent. Dende hai anos é a sede da Universitat Catalana d'Estiu.

Xeografía O concello ocupa unha boa parte da depresión de Prades, no percorrido do río Tet. O termo municipal chega ao sur ata o cerro de Creu (contrafortes setentrionais do Canigó), e ao norte ata o val da Castellana. A vila dispón dunha estación de autobuses e dunha estación de tren, ámbalas dúas situadas moi preto unha da outra.

Demografía

Patrimonio A nivel monumental salienta a igrexa parroquial de San Pedro (século XVII), construída no mesmo lugar que a anterior igrexa adicada a San Salvador unha, a San Pedro e a San Xoán, xa mencionada no século IX; o campanario, románico e cadrado, é do século XII; o altar maior ten un notable retablo de madeira policromada obra de Josep Sunyer (1699).

Véxase tamén Outros artigos Concellos do departamento dos Pireneos Orientais

Ligazóns externas

Sitio web do Concello de Prades Universitat Catalana d'Estiu en Prades Festival Pau Casals de Prades

Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento dos Pireneos Orientais