Ramón Díaz del Río Jáudenes, nado en Vigo o 11 de decembro de 1940 e finado na mesma cidade o 20 de novembro de 2023, foi un enxeñeiro naval e político galego.

Traxectoria Estudou o bacharelato nos Maristas e despois marchou á Escola Naval Militar de Marín. Sen rematou, marchou a Madrid, onde se licenciou na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais (1968). Despois traballou en diversas empresas do sector navalː comezou en Hijos de Barreras como xefe de reparación, e despois marchou de subdirector a Sapiga, unha empresa pesqueira coa que tivo contacto coa pesca nos caladoiros atlánticos (Terra Nova e Suráfrica). Posteriormente accederá ao posto de director.

Militante de Alianza Popular foi conselleiro de Pesca (1982-1983) e de Industria, Enerxía e Comercio (1984-1985) da Xunta de Galicia. Foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Galicia 1985, pero deixou o seu escano en 1987 cando foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1987. De 1988 a 1989 foi vicepresidente da delegación para as relacións cos países do Magreb do Parlamento Europeo. En 1996 foi nomeado director xerente da Fundación Provigo.

Vida persoal Tivo sete irmáns. Casou e tivo tres fillos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ramón Díaz del Río Jaudenes na EGU. Ficha do Parlamento Europeo

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Europarlamentarios do PPE Categoría:Europarlamentarios de España (1984-1989) Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2023