Polpa pode referirse a: a polpa das froitas, tecido vexetal que ten como obxecto favorecer a dispersión das sementes e xoga un papel importante na nutrición de moitos animais, incluído o home; a polpa de celulosa, usada na fabricación do papel; a polpa dentaria, tecido conectivo laxo localizado no centro do dente; a polpa da perna, proeminencia muscular situada na face posterosuperior da perna; a polpa de remolacha, subproduto da industria do azucre nas rexións de clima temperado, nas que aquel se obtén da remolacha; a polpa de soia ou okara, unha polpa branca ou amarelada formada polas partes insolúbeis da faba de soia que quedan no filtro cando as sementes trituradas se filtran para producir o leite de soia.
Źródło i licencja
Na podstawie: Wikipedia — Polpa · historia autorów.
Tekst: CC BY-SA 4.0.
Informacja o opracowaniu
Usunięto składnię wiki i szablony; dłuższe teksty skrócono.