Roderick Jefferson Gonçalves Miranda, nado en Odivelas o 30 de marzo de 1991, é un futbolista portugués. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Rio Ave.

Traxectoria Na tempada 2012–13 fichou polo Deportivo da Coruña, en calidade de cedido polo Benfica. Co equipo coruñés xogou tan só en 3 partidos de liga e un de Copa do Rei, debutando o 1 de novembro de 2012 no empate fronte ao Mallorca de Copa do Rei (1–1). O seu debut en liga produciuse na xornada 13, no mesmo mes de novembro, nun empate fronte ao Athletic Club a domicilio (1–1), no que ademais foi titular. Fronte á falta de minutos, rescindiu o seu contrato co Dépor no mercado invernal desa mesma campaña.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en foradejogo.net

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no distrito de Lisboa Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do Servette FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Rio Ave FC