Kosmos 959 (Космос 959 en ruso), tamén denominado DS-P1-M Nº 11, foi un satélite artificial soviético lanzado o 21 de outubro de 1977 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Kosmos 959 foi o undécimo membro da serie de satélites DS-P1-M (e o noveno lanzado con éxito), adicados a servir como obxectivos para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas. Foi inxectado nunha órbita inicial de 891 km de apoxeo e 153 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 66 graos e un período de 94,6 minutos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos DS-P1-M

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1-M