Máire Mhac an tSaoi, nada o 4 de abril de 1922 en Dublín e finada o 16 de outubro de 2021, foi unha das máis aclamadas e respectadas poetisas, escritoras e académicas da literatura moderna en lingua irlandesa. Xunto con Seán Ó Ríordáin e Máirtín Ó Direáin, formou a trindade que revolucionou a poesía en irlandés entre os anos 1940 e 1950.
Traxectoria Filla do político e fundador do Fianna Fáil Seán MacEntee e de Margaret Browne, mestra no Alexandra College, medrou no seo dunha familia de fortes conviccións republicanas. O seu tío, Pádraig de Brún, foi un dos académicos da lingua irlandesa máis respectados do século XX.
En 1962, casou co tamén escritor e político Conor Cruise O'Brien, co que tivo dous fillos adoptados, Patrick e Margaret.
Mhac an tSaoi demostrou dende sempre unha gran paixón polo irlandés e foi unha das máximas autoridades no irlandés do Munster. Tamén foi membro de Aosdána.
Obra Poesía Margadh na Saoire (1956) Codladh an Ghaiscigh (1973) An Galar Dubhach (1980) An Cion go dtí Seo (1987) Shoa agus dánta eile (1999)
Ficción A Bhean Óg Ón (2001)
Outros Dhá sgéal Artúraíochta (1946) A Concise History of Ireland, ISBN 0-500-45011-0 (1972) The Same Age as the State (2007) Cérbh í Meg Russell? (2008) "Writing In Modern Irish — A Benign Anachronism?" (1995) Scéal Ghearóid Iarla
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía
Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Escritores en lingua irlandesa Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Finados en 2021