Charo Portela Yáñez, nada en Pontevedra en 1963, é unha escritora galega.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdirectora de Ediciós do Castro e coordinadora de actividades culturais do Instituto Galego de Información até 2008.
Forma parte do comité editorial da Biblioteca del Exilio e da directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia.
Obra Epistolario de Valentín Paz Andrade, xunto con Isaac Díaz Pardo. Ediciós do Castro, 1997. Valentín Paz Andrade, Biografía. Ir Indo, 1998. Epistolario de Carmen Muñoz Manzano, con Xosé Luís Axeitos. Biblioteca del Exilio, Ediciós do Castro, 2005. Luís Seoane e a Galicia medieval. Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, co ilustrador Jaime Asensi. Colección Merlín, Xerais, 2012. Valentín Paz Andrade. Vida e obra''. Editorial Xerais, 2012.
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enciclopedistas de Galicia