21st Century Breakdown é o oitavo álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 15 de maio do 2009 a través do selo Reprise Records. Trátase da segunda ópera rock do grupo, tras American Idiot, e é o seu primeiro traballo producido por Butch Vig. Green Day comezou a traballar no disco en xaneiro do ano 2006. Cara outubro do 2007 Billie Joe Armstrong tiña compostas 45 cancións, pero os membros da banda non entraron no estudio para traballar con Vig ata xaneiro do 2008. O proceso de composición e gravación levou tres anos e viaxaron a catro estudios de California para rematar o traballo en abril do 2009.

Listaxe de cancións

Cancións extra

Categoría:Álbums de Green Day Categoría:Álbums musicais de 2009 Categoría:Álbums producidos por Butch Vig Categoría:Álbums de Reprise Records