Lobos de Arga é un filme español de comedia e terror protagonizada por Gorka Otxoa e dirixida por Juan Martínez Moreno, con localizacións en Galicia. Estreouse en galego na TVG o 14 de abril de 2014.
Sinopse No ano 1910 a Marquesa dos Mariño de Arga (Galicia) recibiu unha maldición dunha xitana sentenciada a morte pola propia marquesa. Cando o seu fillo varón cumpra 10 anos converterase nun lobishome, ademais de que os veciños tamén se converterán unha vez cada 100 anos.
Un século despois, o último descendente dos Mariño, Tomás (Gorka Otxoa), un escritor mediocre, regresa á súa aldea para recibir unha homenaxe sen saber que a "honra" é ser sacrificado nun ritual no que debe alimentar á besta co seu propio sangue para acabar coa maldición.
Personaxes Gorka Otxoa como Tomás Mariño Carlos Areces como Calixto Secun de la Rosa como Mario Manuel Manquiña como Evaristo Luis Zahera como Sarxento da Garda Civil Mabel Rivera como Avoa de Tomás Mariño Coté Soler como Garda Civil Marcos Ruíz como Diego Xosé Manuel Olveira "Pico" como Dono do bar Dorotea Bárcena como Muller do dono do bar Xulio Lago como Home cego Ramsés como Vito, o can
Produción É unha coprodución de Vaca Films e Telespan 2000, na que participou tamén a TVG. Rodouse durante nove semanas entre Galicia e Madrid e contou cun orzamento de 5 millóns de euros, dos que unha boa parte se destinou ós efectos especiais, maquillaxe e caracterizacións.
Galardóns e nomeamentos 2011: Premio do Público á mellor longametraxe da Semana de Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián. 2012: Premio do Público no Dead by Dawn Horror Film Festival (Escocia).
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado11ª ediciónMellor filmeTomás CimadevillaNomeadoMellor montaxeNacho Ruíz CapillasNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoRaquel Fidalgo e Fermín GalánGañador
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Web oficial da película Vídeos da rodaxe en rtve.es Ficha no soportal do audiovisual galego.
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Vaca Films Categoría:Filmes de lobishomes Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 2011 con versión en galego