Acontecementos Asia O emperador da India, Akbar, apodérase do Beluchistán e da praza de Kandahar. Os rusos derrotan os tátaros de Babara a oriente da cidade de Omsk. América Fundación da cidade de Santo Tomé de Guayana en Venezuela por Diego Hernández de Serpa. Europa 18 de maio - Paz de Tayssina (Tyavzino), ou Paz de Teusin, preto de Narva, como conclusión da guerra ruso-sueca. O acordo fixa as fronteiras orientais de Finlandia. Suecia adquire Narva e toda Estonia; á vez cede a Rusia unha parte da Carelia, do curso do río Neva e máis a costa sur do golfo de Finlandia até Ivangorod. 13 de agosto a 23 de agosto - Batalla de Călugăreni: Miguel de Valaquia, con axuda do príncipe de Transilvania, do que recoñece a súa soberanía, vence o exército turco de Sinan Pachá, preto de Bucarest. 12 de outubro - Os turcos evacúan Bucarest, retirándose para alén do río Danubio. 18 de outubro - Batalla de Târgovista: Miguel I o Bravo toma Târgovista, antiga capital da Valaquia.

Oceanía O explorador berciano Álvaro de Mendaña descobre as illas Marquesas.

Oriente Próximo 15 de xaneiro - Mehmed III tórnase sultán do Imperio Otomán (até 1603).

Arte e cultura 29 de xaneiro - Estréase Romeu e Xulieta de William Shakespeare.

Ciencia e tecnoloxía Invención do microscopio polo holandés Zacharias Janssen Giordano Bruno, Suma sobre a nomenclatura metafísica. O alemán Gerardus Mercator publíca o seu Atlas.

Nacementos Alessandro Algardi, escultor italiano.

Mortes 25 de abril - Torquato Tasso, poeta italiano (m. 1544). 26 de maio - Filipe Neri, relixioso e santo italiano (m. 1515). 26 de agosto - Antonio I, rei portugués (n. 1531). 18 de outubro - Álvaro de Mendaña, explorador español, na illa de Santa Cruz, no océano Pacífico (n. ca. 1542). 19 de outubro - Philip Howard, nobre inglés e santo da Igrexa Católica.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1595