Revista Galaica foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1879 e 1880.

Historia e características Revista decenal, apareceu o 10 de outubro de 1879, editada polo Centro Gallego de Buenos Aires, e funcionou como voceiro desta sociedade. Foi unha das primeiras publicacións creadas por galegos en Hispanoamérica. O seu fundador foi Manuel Vázquez Castro e estaba dirixida por Eduardo Caamaño. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Barros (pseudónimo de Manuel Vázquez Castro), Joaquín Castro Arias, Francisco González e T. A. Puig. Mantivo fortes polémicas con El Gallego. Deixou de editarse o 10 de xuño de 1880.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires Categoría:Revistas da Arxentina