Revista Galaica foi unha revista quincenal editada en Ferrol entre 1874 e 1876.

Historia e características Apareceu o 15 de maio de 1874. Dirixida por Benito Vicetto, a publicación tratou todo tipo de temas sobre Galicia: historia, economía, xeoloxía e tradicións. Incluíu traducións de obras de autores estranxeiros e composicións literarias. Cesou a súa publicación o 28 de febreiro de 1876.

En 1888 apareceu en Ferrol unha publicación coa mesma cabeceira, posiblemente unha reaparición.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Revista Galaica na Hemeroteca Virtual da RAG.

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1874 en Galicia