Ilustración Gallega foi unha revista editada en Vigo entre 1911 e 1914.
Historia e características Subtitulada Revista de literatura, ciencias, artes y salones, apareceu o 14 de abril de 1911. Revista bisemanal fundada por Ramiro Vieira, incluíu artigos de carácter histórico, literario e costumista, e biografías de poetas, parlamentarios e intelectuais galegos. Publicou un importante número de composicións poéticas. Nos últimos números cambiou o subtítulo por Órgano de la Asociación de escritores gallegos laureados. Cesou o 14 de novembro de 1914 co número 46.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Ilustración Gallega na Hemeroteca virtual da RAG.
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1911 en Galicia Categoría:Revistas literarias de España