Kosmos 307 (Космос 307 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 26, foi un satélite artificial soviético lanzado o 24 de outubro de 1969 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.

Características Kosmos 307 foi o vixésimo sexto membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o vixésimo cuarto lanzado con éxito tralo fracaso dos lanzamentos do segundo e vixésimo terceiro membros da serie. Estaba adicado a servir como obxectivo para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.

Kosmos 307 foi inxectado nunha órbita inicial de 2178 km de apoxeo e 220 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 109,2 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de decembro de 1970.

Notas

Véxase tamén Outros artigos DS-P1-Yu

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1-Yu