Kosmos 347 (Космос 347 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 33, foi un satélite artificial soviético lanzado o 12 de xuño de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.
Características Kosmos 347 foi o trixésimo terceiro membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o trixésimo lanzado con éxito tralo fracaso dos lanzamentos do segundo, vixésimo terceiro e trixésimo segundo membros da serie. Estaba adicado a servir como obxectivo para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.
Kosmos 347 foi inxectado nunha órbita inicial de 2073 km de apoxeo e 223 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 89,8 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de novembro de 1971.
Notas
Véxase tamén Outros artigos DS-P1-Yu
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1-Yu