Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Traxectoria Fillo de Gonzalo Brañas Sánchez-Boado. Fixo o Bacharelato no Instituto da Coruña. Estudou o preparatorio en Santiago de Compostela e licenciouse en Ciencias en Madrid en 1895, doutorándose co traballo Estudio de las radiaciones herzianas. Volveu á Coruña, onde deus clases no Instituto como substituto. Na Coruña fundou e dirixiu o primeiro gabinete radiográfico e radioscópico da cidade (1899). Foi catedrático de Física e Química en Oviedo (1903) e despois na Coruña. En 1923 pasou unha temporada en Francia, grazas a unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Foi presidente da Sección de Ciencias do Instituto de Estudos Galegos e do Padroado de Formación Profesional.

Entre os seus inventos atópase un aparello para a inscrición automática das variacións do magnetismo terrestre e un receptor radiotelegráfico. Autor de varios traballos sobre radiotelefonía e magnetismo terrestre. Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.

Obras Registro de las señales hertzianas a grandes distancias (separata da Revista de la Academia de Ciencias, 1916).

Vida persoal É irmán da tamén científica Celia Brañas Fernández. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Brañas Fernández, Gonzalo, artigo na Gran Enciclopedia Galega.

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Inventores de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Pensionados da JAE