Ezequiel Fernández Miranda, finado na Coruña o 31 de maio de 1919,La Voz de Galicia, 3-6-1919, p. 3 foi un xornalista galego.

Traxectoria Fundou con Gonzalo Brañas Sánchez-Boado en 1863 o xornal El Avisador (que despois pasou a chamarse El Anunciador), que tamén dirixiu. Tamén foi director de El Imparcial Coruñés (1886) e El Alcance (1886). O 30 de xuño de 1878 constituíu, xunto con Manuel Bibiano Fernández e Aureliano Pereira a Liga Periodística, que tiña como obxectivo defender os intereses de Galicia e da prensa galega. Foi concelleiro conservador e cónsul de Venezuela na Coruña.

Vida persoal Foi pai do xornalista e político Eladio Fernández Diéguez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1919 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos