250px|miniatura|dereita|O Team LottoNL-Jumbo cando se chamaba Rabobank. 200px|miniatura|dereita|Erik Breukink, director do equipo. O Jumbo-Visma é un equipo ciclista profesional de categoría UCI ProTour, fundado en 1984, con sede nos Países Baixos. Trátase dun dos equipos máis veteranos do pelotón internacional. As súas cores tradicionais son o laranxa e o azul. Historia Ó longo da súa historia tivo diversas denominacións, dependendo dos patrocinadores principais do equipo. Así, a seguinte lista amosa os distintos nomes cos que foi coñecido este equipo dende 1984 até 2015: Kwantum-Decosol (1984-1986) Superconfex-Yoko (1987-1989) Buckler-Colnago (1990-1992) WordPerfect (1993-1994) Novell (1995) Rabobank (1996-2012) Blanco (2013) Belkin (2013-2014) Team LottoNL-Jumbo (2015-2018) Jumbo-Visma (2019-)
Éxitos Os máis salientables éxitos do equipo no ciclismo en ruta chegáronlle da man de Denis Menchov e Óscar Freire: 20px Giro de Italia (1): 2009 (Denis Menchov) 20px Vuelta a España (2): 2005, 2007 (Denis Menchov) 20px Campionato do Mundo de ciclismo en ruta (1): 2004 (Óscar Freire) Outros corredores como Erik Breukink, Michael Boogerd, Erik Dekker, Michael Rasmussen, Thomas Dekker, Lars Boom, Robert Gesink e Luis León Sánchez teñen sumado varias vitorias menores no palmarés do equipo.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Rabosport
Categoría:Equipos ciclistas