Senén Canido Pardo, nado en Pontevedra en 1858 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1929, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Trasladouse a Madrid e entrou ao servizo de Saturnino Álvarez Bugallal como axuda de cámara. Alí estudou a carreira de Dereito e fíxose avogado, traballando no bufete de Bugallal. Con el iniciou a carreira política no Partido Conservador. Foi deputado polos distritos de Xinzo de Limia (1884-1886), Bande (1886-1890) e Celanova (de 1891 a 1920). En 1893 fundou en Ourense o periódico El Noticiero como voceiro e defensor da súa política. Foi maxistrado do Tribunal Supremo, presidente do Tribunal de Contas e senador (1919-1920). Vida persoal
Foi pai do escritor Emilio Carrere."Emilio Carrere, el último bohemio era hijo de un diputado bugallalista", La Noche, 26-9-1960, p. 10. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega