Roberto Pardo Pimentel Ocampo, nado en Ponteareas en 1890 e finado en Tarragona o 25 de outubro de 1963Necrolóxica en La Vanguardia, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Sobriño e herdeiro de Senén Canido Pardo, sucedeuno como deputado polo distrito de Celanova (1920-1923). Xefe Superior de Administración do Corpo de Administración de Facenda Pública, foi subdelegado de Facenda en Vigo (1930-1937). Durante a República militou no Partido Republicano Gallego pertencendo á directiva de Vigo. No Franquismo foi Delegado de Facenda en Xirona (1939-1949) e Tarragona (1949-1960).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes