El Censor foi un periódico editado en Betanzos entre 1883 e 1884.
Traxectoria Subtitulado Periódico semanal de intereses materiales, noticias y anuncios, apareceu en outubro de 1883. Semanario liberal. Foi dirixido por Roque Ponte Peña ata 1884, e despois por Severo Ares Mancera. Na redacción figuraban Manuel Martínez Teijeiro, Justo Contas Illá e Manuel Vaamonde Ponte. Colaboraron Fernando García Acuña, Constantino Ares e Manuel Martínez Santiso, que publicou os primeiros capítulos da súa Historia de Betanzos. Incluía as seccións “Notas” e “Variedades”, e artigos sobre música, teatro, literatura en castelán e poemas en galego. Máis exemplos de produción literaria son “Charada” e os apartados “Dimes y Diretes” e “Recortes”, nos que se critican ironicamente, comportamentos típicos da época. Cesou a súa edición en febreiro de 1884.
O seu director Roque Ponte Peña editou en 1886 o periódico La Libertad.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas El Censor na Hemeroteca Virtual de Betanzos
Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1883 en Galicia