ou Chunquin é unha das catro municipalidades controladas directamente polo goberno central da República Popular da China, con estatuto de provincia. En 2020 tiña 32.054.159 habitantes.
Gran parte do concello, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural. A poboación da área urbana de Chongqing propio era "só" de 5 090 000 habitantes segundo datos de 2000.
Chongqing é denominado de modo simple: Yú, unha abreviación que foi aprobada polo Consello de Estado a data de 18 de abril de 1997. O nome abreviado procede dunha vella denominación de parte do río Jialing, que atravesa Chongqing e desauga no Yangtzé.
Xeografía Chongqing está situada sobre o río Yangtzé, xusto sobre o comezo do enorme lago artificial creado pola retención de augas do Encoro das Tres Gargantas. A aglomeración está construída na confluencia do Yangtzé e do seu tributario o Jialing. O centro da cidade érguese sobre a península formada por ambos os dous cursos de auga.
A topografía da cidade é moi particular: Chongqing está composta en realidade de outeiros pendentes, o que a fai a única grande urbe chinesa sen de bicicletas, pois as ladeiras son demasiado ásperas. Igualmente é a única na que o paso dos ríos que a atravesan se fai por medio de teleféricos. Desde a apertura internacional de Chongqing, sobre todo desde 1997, foron construídas numerosas pontes. miniatura|esquerda|200px|Climodiagrama de Congqing
O clima da cidade é de tipo subtropical húmido, e como no resto da Asia extremo-oriental a influencia do monzón é notábel. A media de precipitacións caídas na cidade no período 1961-90 foi de 1.101 mm, pero están concentradas nos meses que van de abril a setembro. A media anual das temperaturas é de 19 °C. As temperaturas son cálidas nos meses estivais; en xullo e agosto as medias máximas poden superar os 32 °C e as mínimas medias non baixar de 24 °C. Por contra no mes máis frío, xaneiro, as temperaturas máis altas apenas soben de 6 °C, e as mínimas de 5 °C.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia urbana de Chongqing
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades da China