José Pérez-Arda López-Valdivielso, nado na Coruña o 15 de xullo de 1913 e finado na mesma cidade o 28 de xaneiro de 1978, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combatiu no exército sublevado. Foi membro da Comisión Xestora do concello da Coruña nomeada o 18 de agosto de 1938 da que foi elixido tenente alcalde. Alférez honorífico do Corpo Xurídico Militar, foi membro dos tribunais militares que foron encargados da represión na Coruña e tamén do Tribunal de Responsabilidades Políticas. Foi alcalde da Coruña en tres ocasións (1939-1940, 1942-1944 e 1969-1974). Foi Procurador nas Cortes durante o franquismo en representación da Administración Local, procurador nato pola súa condición de alcalde de capital de provincia de 1943 a 1944 e de novo entre 1971 e 1974.
Recoñecementos
Recibiu a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort en 1969.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos