O afrihili (Ni Afrihili Oluga 'a lingua afrihili') é unha lingua artificial deseñada en 1970 por K. A. Kumi Attobrah (Kumi Atɔbra) para ser usada como lingua franca en toda África. O nome da lingua provén da combinación de África con suahili. O seu creador, nativo de Akrokerri (Akrokɛri), Ghana, concibiu a idea orixinalmente en 1967 durante unha viaxe de Dover a Calais. A súa intención era "promover a unidade e o entendemento entre os diferentes pobos do continente, reducir custos debido a traducións e promover o comercio". Foi creada de tal xeito que fose fácil de aprender por africanos.

O afrihili toma a súa fonoloxía, morfoloxía e sintaxe de varias linguas africanas, particularmente do suahili e o akan. O léxico provén de lingua africanas, como tamén doutras moitas fontes dalgún xeito "africanizadas" para non parecer estranxeiras, aínda que o seu creador non indica ningunha etimoloxía. Aínda así, a semántica aseméllase bastante ao inglés, quizais pola forte influencia deste no suahili e o akan escritos.

A lingua emprega o alfabeto latino máis dúas vogais a maiores, ⟨Ɛ ɛ⟩ e ⟨Ɔ ɔ⟩, que se empregan nas linguas de Gana e no IPA, e . Os nomes estranxeiros escríbense foneticamente no canto de coa ortografía orixinal, así, por exemplo, 'Hastings' é Hestins. Posúe dous dígrafos, ⟨ch⟩ e ⟨sh⟩, que teñen a súa correspondencia no inglés e no suahili, e . J e y pronúncianse como e . Ng non é dígrafo, como no inglés finger, .

Non posúe tons. O acento atópase na penúltima vogal. Os signos de admiración póñense no comezo da frase, mentres que os de interrogación van ao final.

Exemplos

Zuri lu – Bo día (alu 'un día') Zuri zinga – Boa mañá Zuri masa – Boa tarde Zuri dani – Bo serán Zuri bali – Boa noite Jo koni – Ir deseguida ! Afuraho – Saúde!

Véxase tamén Bibliografía K. A. Kumi Attobrah: Ni Afrihili Oluga. The African Continental Language (First Edition, 1970; Second Edition, 1973)

Ligazóns externas An Afrihili newsletter (1971 version) on Roger Blench's website.() A summary of additional details of the verbal and derivational system, Afrihili Notes. ()

Categoría:Linguas artificiais Categoría:Linguas de Ghana