O termo Uz pode referirse a:

Uz, tamén chamadas urce, carrouchas ou breixo, pode referirse en galego a varias plantas da familia Ericaceae: Varias especies do xénero Erica: Erica arborea, uz branca; Erica australis, uz vermella, uz moura, corgo. Endémica do occidente da Península ibérica; Erica scoparia, uz das vasoiras; Erica carnea, carroucha de inverno; Erica vagans, carrasca branca; Erica cinerea, carroucha de tres follas, queiroga de tres follas, carpaza de maio, carrasco; Erica tetralix, carroucha das brañas, queiroga das brañas; Erica umbellata, carroucha de umbela, queiroga de umbela; Erica erigena, carroucha de Irlanda, queiroga de Irlanda; Erica ciliaris, carroucha veluda, queiroga veluda; Erica mackaiana, endémica de Galiza. Varias especies do xénero Calluna, tamén chamadas queiroas: Calluna vulgaris (queiroa). Varias especies do xénero Daboecia: Daboecia cantabrica, queiroga maior.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza A Uz, lugar en Oleiros, no concello de Carballedo.

Fóra de Galiza

En Francia Uz, vila e comuna francesa, situada na rexión de Mediodía-Pireneos, departamento de Altos Pireneos, no distrito e cantón de Argelès-Gazost.

Véxase tamén Outros artigos