miniatura|Igrexa de San Martiño de Sabadelle.miniatura|Igrexa de San Martiño de Sabadelle. Sabadelle é un lugar da parroquia de Sabadelle no concello ourensán do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 276 habitantes (141 homes e 135 mulleres).

Demografía +Evolución da poboación de Sabadelle Fonte: IGE 2000200120022003200420052006200720082009201020112012201320142015201620172018243257259257247253258265252249243249250244243241240239232

Patrimonio histórico O cruceiro de Sabadelle está composto por baste, fuste, capitel e cruz, ademais de contar con pequenas esculturas e ornamentacións. Estas son máis simbólicas que decorativas, e as esculturas ou relevos son sobre temas relixiosos. Está situado nunha encrucillada, un lugar polo que adoitan pasar os cadaleitos. É un elemento post-románico ben conservado que xurdiu polo afán de imitar ás cruces procesionais.

A igrexa de San Martiño de Sabadelle é de planta románica. Consta dunha nave e dun amplo plesbiterio. Durante o ano 1847 cambióuselle a fachada de leste a oeste. A súa actual porta principal é de dobre arquivolta sobre semicolumnas acaroadas. A súa portada está apoiada sobre columnas en xambas. Ten tamén un tímpano liso con dous corpos; o primeiro con dous arcos para as dúas campás e a segunda cun só, do que xorde unha estrutura con forma piramidal e unha cruz. No seu interior atopamos un sepulcro do século XVI e elementos de influencia mudéxar .

O pazo da Fronteira erixiuse nos séculos XVI e XVII. Consta dunha construción popular e ten un gran muro de pedra que bordea todo o pazo. É un edificio a catro augas do que se elevan dous faiados da parte central. Xunto ó edificio hai unha torre con dous andares, con tellados a catro augas e con ventás alinteladas. Tamén atopamos un hórreo e un gran pombal aínda conservados a día de hoxe en bo estado.

No cruzamento da estrada que vai dende o pobo cara Tibiás atopámonos cun peto -unha pequena construción con relevo-, no que se representan as "ánimas" no purgatorio, no que se poden depositar esmolas.

Servizos Os servizos mínimos como a educación e a sanidade non están cubertos. Respecto ó primeiro, os nenos e nenas do pobo deben acudir ó CEIP Pluríngüe Ben-Cho-Shey, situado no Lugar de Cortiñas. O centro médico máis preto está no Pereiro.

Ao non contar con establecementos, a panadaría de Velle recorre as rúas da vila todos os días cunha furgoneta. A froitaría, carnizaría e panadaría empregan o mesmo método, achegándose ata dúas veces por semana.

Festa popular A festa tradicional popular na honra de San Martiño celébrase todos os anos durante a primeira quincena do mes de novembro, estando organizadas por unha comisión de veciños que se rota cada dous anos. Teñen lugar na cancela habilitada tras o edificio do bar da comisión. As festas son sufragadas polos veciños, que asumen unha cuantía fixa por vivenda.

Lugares e parroquias Lugares de Sabadelle

Parroquias do Pereiro do Aguiar

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Pereiro de Aguiar

Categoría:Lugares do Pereiro de Aguiar