Salmar é un personaxe ficticio pertencente ao legendarium de J. R. R. Tolkien. É un Maia que aparece asociado con Ulmo, un dos Valar que custodia e goberna Arda. É descrito como un ser anxelical ou espiritual.

Nas versións máis temperás do legendarium, tamén se coñece como Noldorin ou Lirillo, concibido como un Vala ao servizo de Aulë.

Bibliografía Tolkien, J. R. R. (1977), Christopher Tolkien, ed., O Silmarillion, Boston: Houghton Mifflin, "Of the Sun and Moon", ISBN 0-395-25730-1

Categoría:Maiar