O distrito de Bugiri é un distrito da Rexión Leste de Uganda, chamado así pola súa poboación capital, Bugiri. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación de arredor de 266.900 persoas.
Limita cos distritos de Namutumba e Butaleja polo norte, co distrito de Tororo polo nordeste, co distrito de Busia polo leste, co distrito de Namayingo polo sueste, co distrito de Mayuge polo suroeste e co distrito de Iganga polo oeste.
Este distrito formouse a partir do distrito de Iganga, ao que pertencían as súas terras. O relevo caracterízase por suaves outeiros con altos illados. Tamén é de destacar o feito de que gran parte do territorio se encontra na conca que drena os lagos Victoria e Kyoga. Como consecuencia disto hai moitos regatos que cruzan a rede de estradas, facendo o seu mantemento moi custoso. En xullo de 2010, a parte sur do distrito foi separada para formar o distrito de Namayingo.Namayingo District Established 01 July 2010
O distrito forma parte da subrexión de Busoga, o que vén sendo o reino Busoga, un dos reinos recoñecidos de Uganda.
Economicamente, a agricultura é a principal actividade, como sucede no resto do estado, aínda que aquí, a Tilda Uganda Limited (TUL), unha compañía pertencente ao Grupo Madhvani, cultiva arroz na parte leste do distrito, así como tamén merca o que a xente produce.
Debido á abundancia de corpos de auga no distrito, a pesca comercial é unha actividade amplamente practicada tamén.
Notas
Bugiri