Lamissio ou LaiamichoSegundo a Origo Gentis Langobardorum, § 2 foi un rei dos longobardos na primeira metade do século V. Traxectoria Alumno e sucesor de Axelmundo, subiu ao trono na difícil circunstancia dun duro choque cos hunos: os longobardos opúñanse a que se instalasen nunha zona do curso medio do Danubio, parte da provincia romana do Nórico. O mesmo Axilmundo perdera a vida en combate e a súa filla convertérase en escrava. Lamissio soubo darlle a volta ao conflito e, segundo di a tradición longobarda, conseguiu unha vitoria que lles permitiu aos longobardos conservar a súa independencia e identidade.

Segundo a lenda, o mesmo Axelmundo salvara a Lamissio cando o atopara no estanque no que o botara a nai, xunto aos seus seis irmáns xemelgosPaulo Diácono: Historia Langobardorum. I. 15. Notas

Véxase tamén Bibliografía Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Storia dei Longobardi, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992). Origo gentis Langobardorum, ed. G. Waitz in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Lang. Jörg Jarnut. Storia dei Longobardi. Torino, Einaudi, 2002. ISBN 8846440854. Sergio Rovagnati, I Longobardi (Milano, Xenia 2003).

Categoría:Reis longobardos