Wenceslao González Garra, nado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xaneiro de 1888 e finado na mesma vila o 16 de setembro de 1965, foi un navieiro e político galego.
Traxectoria Fillo de Wenceslao González Jimeno e Camila Garra Castellanzuelo. Propietario da navieira González Garra.Navieras 1928 Consultado o 28 de agosto de 2012. Foi consignatario e dono do Salto Eléctrico do Tambre que adquiriu en 1918, e que foi xerme de Fenosa. Constituíu en 1918 a sociedade Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad xunto con Ricardo Rodríguez Pastor.. Foi socio prioritario da Compañía General de los Ferrocarriles de Galicia constituída en 1920 e principal accionista da Compañía Minera de Linares en 1939. Encomendoulle ao seu amigo Antonio Palacios o proxecto de ensanche de Vilagarcía de Arousa, cuxos planos se exhibiron na casa do concello.El tesoro de la costa vilagarciana - Faro de Vigo. Consultado o 28 de agosto de 2012. Formou parte dos consellos de administración de FENOSA e do Banco de Vigo.
Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccións de 1920 e volveu ser elixido deputado nas eleccións de 1923. Na República integrouse no Partido Radical, despois pasou a militar na CEDA e presentouse na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 11. Amigo persoal do xeneral Emilio Mola, foi un dos empresarios que financiou a conspiración que deu lugar ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En setembro de 1936 foi a Burgos e ao regreso trouxo a Consuelo Bascón, esposa de Mola, e a súa filla a pasar uns días en Vilagarcía.El Diario de Pontevedra, 7-9-1936, p. 2. Tamén acompañou o xeneral Cabanellas cando visitou Vilagarcía de Arousa en outubro como inspector xeral do exércitoEl Pueblo Gallego, 24-10-1936, p. 11. e a Francisco Franco na visita que este fixo á vila arousá en 1941.
Practicou o deporte da vela e gañou trofeos patroneando os balandros de 6,5 metros Cisco e Folerpa.Ochenta años de regatas. Faro de Vigo. Consultado 28 de agosto de 2012El blog de Arlillo Consultado o 28 de agosto de 2012.
Recoñecementos Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa. O 7 de setembro de 1953 foille imposta a Gran Cruz do Mérito Naval. Vida persoal
Casou con Purificación Rasilla Salgado
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Don Wenceslao, el opulento diputado por Cambados - Por Víctro Viana
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes