Benito Calderón Ozores, nado en Santiago de Compostela o 21 de setembro de 1861 e finado en Lourizán (Pontevedra) o 11 de outubro de 1892, foi un militar e político galego.
Traxectoria
Segundo fillo de Vicente Calderón Oreiro, conde de San Juan, e de Carmen Ozores Mosquera. Capitán de Artillaría. Casou con Eugenia Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos o 14 de abril de 1890.El Correo Gallego, 16-4-1890, p. 3. Foi elixido deputado por Santiago de Compostela na elección parcial de 5 de marzo de 1890, escano que lle puxo en bandexa o seu sogro Montero Ríos, quen renunciou a el para ocupar o posto de senador tralas eleccións de 1889. Foi reelixido nas seguintes eleccións (1 de febreiro de 1891), pero a morte truncou a súa carreira política en 1892.Gaceta de Galicia, 29-10-1892, p. 1.
Vida persoal
Foi pai de Vicente e Eugenio Calderón Montero-Ríos.Gaceta de Galicia, 15-7-1893, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Anatomía dunha rede caciquil
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1892