Arturo Rivas Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 17 de maio de 1898 e finado en Xixón o 25 de abril de 1974,La Nueva España, 26-4-1974, p. 2. foi un sacerdote, físico e químico galego.
Traxectoria Fillo de José Rivas, mestre en Sabucedo. Estudou no Seminario de Carrión de los Condes e filosofía en Oña (1920-1923). Foi profesor de química no Colexio da Compañía de Xesús de Valladolid. Trasladouse a Santander e estudou Teoloxía na Universidade Pontificia de Comillas, onde se ordenou sacerdote en 1928. Marchou a Múnic (1931-1936) co profesor Günter Scheibe, onde descubriu un método de análise espectral cuantitativo. Logo marchou a Roma. Regresou a España onde foi profesor de ciencias en Valladolid, Vigo, Santander e Xixón. En 1971 tivo que deixar as clases por unha grave doenza.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes