Jorge de la Riva Barba, nado en Vigo en 1892 e finado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1950, foi un político galego.
Traxectoria Viviu dende a infancia en Santiago de Compostela. Foi apoderado do almacén Riva Hermanos, e en 1938 era director da Caixa de Aforros de Santiago.
O 4 de decembro de 1943 o Subsecretario do Ministerio de Gobernación comunicou o cesamento de José del Valle Vázquez como alcalde de Santiago de Compostela por ser nomeado gobernador civil da provincia de Cuenca e o nomeamento como novo alcalde de Jorge de la Riva Barba. Foi alcalde entre 1943 e 1946Ermelindo Portela Silva, Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. e deputado provincial. Foi procurador en Cortes na I Lexislatura das Cortes Españolas (1944-1946) en representación dos concellos da provincia da Coruña. Foi membro do Consello da Editorial Correo Gallego e La Noche e presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Finou en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1950.La Voz de Galicia, 6-6-1950, p. 5.El Correo Gallego, 6-6-1950, p. 3.
Vida persoal Fillo de Amalia Barba e irmán de Santiago de la Riva Barba. Casou o 16 de xullo de 1920 con Carmen Valdés y Fernández Cao-Cordido.
Notas
Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes