Rafael Puga Ramón, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1909 e finado na mesma cidade o 21 de maio de 1972, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel María Puga y Parga. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1932). Oftalmólogo. Foi presidente da Deputación da Coruña (1961-1970) e procurador en Cortes e conselleiro nacional en representación da Deputación. Finou na Coruña o 21 de maio de 1972.La Voz de Galicia, 23-5-1972, p. 8.
Recoñecementos Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil, a Encomenda con Placa da Orde Imperial do Xugo e as Frechas e a Encomenda sinxela da Orde de Cisneros Un Instituto da Coruña leva o seu nome.IES Rafael Puga Ramón
Vida persoal Casou con María Asunción Piñeyro Caramés.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela