Charles Anthony Standish Brooks, nado en Dukinfield (Cheshire) o 25 de febreiro de 1932 e finado o 3 de maio de 2022,Obituario foi un piloto inglés tamén coñecido como o "piloto dentista". Participou en 39 grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, onde debutou o 14 de xullo de 1956. Obtivo a primeira vitoria dun piloto británico nun coche británico nun Gran Premio desde 1923, en 1955 pilotando un Connaught en Siracusa, nunha carreira fóra do Campionato do Mundo.

Traxectoria miniatura|esquerda|Brooks compartiu este Vanwall VW5 con Stirling Moss para gañar o Gran Premio do Reino Unido de 1957. Brooks naceu o 25 de febreiro de 1932 en Dukinfield, Chesire. Era fillo dun dentista e el mesmo tamén estudou a carreira. Iniciouse nas carreiras en 1952 pilotando un Healey ata 1955. Nese mesmo ano, Brooks pilotu un Connaught de Fórmula 2 no Crystal Palace e terminou cuarto.

Brooks logrou a primeira vitoria dun coche construído no Reino Unido nunha carreira do Campionato do Mundo no Gran Premio do Reino Unido de 1957 en Aintree, que compartiu con Sir Stirling Moss. Xunto con Moss, Brooks é considerado un dos mellores pilotos que nunca foi campión do mundo e tanto Moss coma o tres veces campión do mundo Jack Brabham tiñan un alto concepto da súa capacidade.

Brooks gañou seis carreiras para Vanwall e Ferrari, tres pole position, conseguiu dez podios, e anotou un total de 74 puntos no campionato. Pilotou para BRM, pero retirouse do equipo a finais de 1961, xusto antes da súa tempada máis exitosa.

Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos Puntos Owen Racing Organisation BRM P25 BRM 4 en liña ARX MONNTS 500 BEL FRA RURet ALE ITA NC 0 Vandervell Products Vanwall VanwallStraight-4 ARX MON2 500 FRA RU1* ALE9 PESRet ITA7** 5º 11 Vandervell Products Vanwall Vanwall4 en liña ARX MONRet NEDRet500 BEL1 FRARet RU7 ALE1 PORRet ITA1 MARRet 3º 24 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 MON2 500 NEDRet FRA1 ALE1** POR9 ITARet USA3 2º 27 Vandervell Products Vanwall Vanwall4 en liña RURet Yeoman Credit Racing Team Cooper T51 Climax4 en liña ARX MON4 500 NEDRet BELRet RU5 POR5 ITA USARet 11º 7 Vandervell Products Vanwall Vanwall4 en liña FRARet Owen Racing Organisation BRM P48/57 Climax4 en liña MON13 NED9 BEL13 FRARet RU9 ALERet ITA5 USA3 10º 6 * Tony Brooks gañou o Gran Premio do Reino Unido de 1957 compartindo o seu coche con Stirling Moss. Ambos foron galardoados coa metade de puntos para a vitoria (4 en lugar de 8). ** Brooks tamén foi galardoado cun punto no Gran Premio de Italia de 1957 e Gran Premio de Alemaña de 1959 ao rexistrar a volta rápida.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile at grandprix.com

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Vanwall Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British Racing Motors Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Reg Parnell Racing Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados en Cheshire Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2022