Ramón Domínguez Ferradás, nado en Bueu o 1 de maio de 1886, foi un político galego.

Traxectoria Directivo da sociedade agraria El Porvenir de Cela. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde en Bueu na ditadura de Primo de Rivera. En outubro de 1930 dimitiu como concelleiro de Bueu.El Pueblo Gallego, 5-10-1930, p. 4. Foi nomeado alcalde de Bueu en abril de 1931.El Pueblo Gallego, 21-4-1931, p. 11. Cesou no cargo o 5 de xuño dese ano, deposto polo Goberno Civil. Militante do Partido Republicano Radical, do que foi elixido membro do Comité Executivo provincial en outubro de 1933,El Pueblo Gallego, 25-10-1933, p. 8. volveu ser nomeado alcalde a principios de 1934. Deputado provincial, foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra logo do falecemento de José Viñas del Monte en 1935.

Vida persoal

Foi pai de Aníbal Domínguez García. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bueu na súa xente A Comisión Xestora provincial

Categoría:Alcaldes de Bueu Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1886