Willow Shields, nada o 1 de xuño de 2000 en Albuquerque, Novo México, é unha actriz estadounidense de cinema e televisión. É principalmente coñecida polo seu traballo no filme Os xogos da fame.

Traxectoria Filla de Carrie e Rob Shields, ten unha irmá xemelga, Autumn, e un irmán máis vello, River, que tamén son actores. O seu primeiro traballo profesional foi como narradora da curtametraxe Las Vegas New Mexico 1875 e posteriormente tivo pequenos papeis secundarios na televisión. Foi no ano 2012 cando deu o salto ao cine interpretando a Primrose Everdeen no filme Os xogos da fame, así como no resto de filmes da saga. En 2015 participou como concursante no programa de televisión Dancing with the Stars.

Filmografía + Cine e televisión Ano Título Personaxe Notas 2008 Las Vegas New Mexico 1875 Rapaza (voz) Curtametraxe 2009 In Plain Sight Lisa Rogan/Lisa Royal 1 episodio 2011 Beyond the Blackboard Grace Telefilme 2012 Os xogos da fame Primrose Everdeen 2012 R.L. Stine's The Haunting Hour Eve Tempada 3, episodio 9: "Intuders" 2013 The Hunger Games: Catching Fire Primrose Everdeen 2014 The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 Primrose Everdeen 2015 The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 Primrose Everdeen 2015 A Fall from Grace Grace 2015 Dancing with the Stars Ela mesma/concursante Tempada 20 2017 Into the Rainbow Rachel

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Novo México Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Albuquerque