O Lempäälän Kisa ou simplemente LeKi é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Lempäälä (Finlandia). Foi fundado en 1904 e actualmente compite na terceira categoría do hóckey sobre xeo finés, a Suomi-sarja. Na tempada 2007-08 debutou na segunda categoría, a Mestis, competición na que permaneceu ata a tempada 2018-19. Xoga os seus partidos como local no Lempäälän jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 200 persoas.

Pavillón O LeKi xoga os seus partidos como local no Lempäälän jäähalli, un pavillón construído en 1995 e con capacidade para 1 200 persoas. O pavillón conta cunha pista principal de 28x58 metros, así como unha pista de adestramento lixeiramente máis pequena.

O Lempäälän jäähalli conta cunha cafetería, un palco para entre 6 e 12 persoas, salas de reunións, sauna e ximnasio.

Xogadores Números retirados miniatura|250px|O 24 de xaneiro de 2026 o LeKi retirou o número 12 en honor a Marko Anttila.

Números retirados do LeKi NºXogadorPosiciónData da retiradaReferencias 5 Vesa Papinsaari 8 Risto Mikkola 12 Marko Anttila F 24 de xaneiro de 2026 17 Markku Joensuu F 19 Kari Virtanen F 33 Lassi Mattila F 14 de xaneiro de 2017

Xogadores destacados Johannes Alanen Juuso Antonen Marko Anttila Jarkko Glad Antti Hildén Tomáš Jaško Matti Kaipainen Antti Kangasniemi Niclas Lucenius  Lassi Mattila Mika Niemi Pasi Petriläinen Mikko Pukka Sami Sandell Juho Santanen Janne Seva Tuukka Suoniemi Mikko Suvanto

Hóckey feminino En 2020 o LeKi recuperou a súa actividade en categoría feminina. Ao anuncio do club nas redes sociais responderon unhas 30 nenas que comezaron esa mesma tempada. Cinco anos despois o equipo contaba xa con equipos nas categorías N10, N12 e N15, así como un equipo afeccionado de mulleres. O equipo traballa para o desenvolvemento, tanto das xogadoras que queren desenvolver a súa carreira cara o hóckey competitivo, como para aquelas que simplemente o practican por diversión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do equipo representativo Sitio web dos equipos de formación do LeKi

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Deporte en Lempäälä