Agatías Escolástico (en grego bizantino: Ἀγαθίας Σχολαστικός, en latín: Agathias Scholasticus), nado en Mírina cara ao 536 e finado en Constantinopla cara ao 582, foi un poeta e historiador bizantino, fonte principal para parte do reinado de Xustiniano I (527-565).
Traxectoria Naceu nunha cidade eolia da Asia Menor occidental. Estudou dereito en Alexandría, para volver despois a Constantinopla no 554 para rematar a súa instrución e practicar como avogado (scholasticus) nos tribunais. Malia isto a súa ambición era a literatura.
Escribiu un gran número de poemas breves de amor en metro épico, titulados Δαφνιακά Daphniaca, e algunhas notas marxinais ao da Periéxese de Pausanias. Ocupouse da reedición da Antoloxía Palatina, na que se conteñen un cento dos seus epigramas, e recolleu unha antoloxía de poetas anteriores e contemporáneos, entre eles os seus, co nome de Κύκλος τῶν νέων ἐπιγραμμάτων Ciclo de novos epigramas.
Tras a morte de Xustiniano I en 565, algúns dos amigos de Agatías convencérono para escribir unha historia dos seus tempos. Esta obra en cinco libros, Περί τῆς Ἰουστινιανοῦ βασιλείας Sobre o reinado de Xustiniano, continúa a historia de Procopio de Cesarea, do que imita o estilo, e constitúe a principal fonte para o período 552-558. Os argumentos centrais da obra son as guerras nas que combateu o exército bizantino, ás ordes de Narsés, contra godos, vándalos, francos e sasánidas. Agatías é a única fonteII.31. que fala do peche da Academia neoplatónica de Atenas, ordenada por Xustiniano en 529, feito que a miúdo se usa como fin da Antigüidade. Os estudosos dispersos levaron con eles cantos volumes da biblioteca puideron e dirixíronse á capital sasánida de Ctesifonte, para despois volveren, tras un tratado que garantía a súa seguridade e que é un dos fitos da historia da liberdade de pensamento, a Edesa, onde un século máis tarde as forzas do islam se atoparon coa cultura grega.
A súa obra constitúe tamén unha fonte importante sobre a historia do Irán preislámico, servindo de base para o Shahnameh de Ferdowsi e para a Historia de Tabari.
Edicións da súa obra Bonaventura Vulcanius (1594). Barthold G. Niebuhr, Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae, Bonn, 1828. Jacques Paul Migne, Patrologia Graeca, vol. 88, París, 1860, col. 1248-1608 (baseado na edición de Niebuhr). Dindorf, Historici Graeci Minores, vol. II, Leipzig, (1871), pp. 132–453. Rudolf Keydell, Agathiae Myrinaei Historiarum libri quinque in Corpus Fontium Historiae Byzantinae, vol. 2, Series Berolinensis, Walter de Gruyter, 1967. Salvatore Costanza, Agathiae Myrinaei Historiarum libri quinque, Università degli Studi, Messina, 1969. Joseph D. Frendo, Agathias: The Histories in Corpus Fontium Historiae Byzantinae (traduzione con introduzione e breve testo esplicativo), vol. 2A, Series Berolinensis, Walter de Gruyter, 1975.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Averil Cameron, "Agathias on the Sasanians" in Dumbarton Oaks Papers, 23 (1969) pp 67–183. Averil Cameron, Agathias Oxford: Clarendon Press, 1970. ISBN 0-19-814352-4. Anthony Kaldellis, "Things are not what they are: Agathias Mythistoricus and the last laugh of Classical " in Classical Quarterly, 53 (2003) pp 295–300. Kaldellis, "The Historical and Religious Views of Agathias: A Reinterpretation," in , 69 (1999) pp 206–252. Kaldellis, "Agathias on history and poetry," in Greek, Roman and Byzantine Studies, 38 (1997), pp 295–306 W. S. Teuffel, "Agathias von Myrine", Philologus (1846) K. Krumbacher, Geschichte der byzantinischen Litteratur (2ª ed. 1897).
Outros artigos Os sete neoplatónicos emigrados a Persia Macedonio de Tesalónica
Ligazóns externas Encyclopædia Britannica 1911: Agathias. Agatías na Catholic Encyclopedia Agatías sui Persiani: brani dalle Storie Gerald Bechtle, Bryn Mawr Classical Review of Rainer Thiel, Simplikios und das Ende der neuplatonischen Schule in Athen, Stuttgart, 1999 "Encyclopedia of Past Events" O ciclo dos novos epigramas na Bibliotheca Augustana.
Categoría:Poetas bizantinos Categoría:Historiadores bizantinos