Xurxo de Chipre (Γεώργιος Κύπριος, latinizado como Georgius Cyprius) foi un xeógrafo bizantino de finais do século VII. Traxectoria O único que se sabe sobre a súa vida é que naceu en Lapithos na illa de Chipre.Kazhdan (1991), p. 837 É coñecido pola súa Descriptio orbis Romani ("Descrición do mundo romano"), escrita na década 600–610. Está escrita en grego, e fai unha relación de cidades, vilas, fortalezas e divisións administrativas do Imperio Romano de Oriente. A lista empeza en Italia e móvese en sentido contrario ao reloxo polo Mediterráneo, desde África, Exipto e Oriente. A lista que chegou ata nós está evidentemente incompleta, pois os Balcáns están excluídos.Kazhdan (1991), p. 838 A Descriptio só sobreviviu nunha compilación, probabelmente do século IX, xunto con outras listas como as notitiae eclesiásticas. É posíbel que o compilador, que normalmente se considera que foi o armenio Basilio de Ialimbana, alterase o texto de Xurxo.Kazhdan (1991), pp. 837–838
Notas
Véxase tamén Bibliografía Georgii Cyprii Descriptio Orbis Romani (1890), editor Heinrich Gelzer. Kazhdan, Alexander, ed. (1991), Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, pp. 837–838, ISBN 978-0-19-504652-6. Outros artigos sinecdemos.
Categoría:Xeógrafos bizantinos