José Barreras Massó, nado en Vigo o 28 de febreiro de 1867 e finado na mesma cidade o 29 de xuño de 1950, foi un enxeñeiro, empresario e político galego.

Traxectoria Fillo de José Barreras Casellas, pertencente a unha familia de industriais cataláns establecida en Vigo dende mediados do século XIX. Fíxose enxeñeiro na Escola Especial de Barcelona, rematando a carreira en 1892. Creou estaleiros (Hijos de J. Barreras), factorías de conservas e frotas pesqueiras. Foi elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1920 fronte a Luis de Zulueta e sufragou o periódico local Ecos del Distrito. Fundou a revista Industrias Pesqueras en 1927. Foi cónsul de Bélxica e vicecónsul de Grecia.

Recoñecementos

Gran Cruz do Mérito Naval, 1923.

Vida persoal

Casou en 1908 con María Teresa Bolíbar Pintos. Véxase tamén Bibliografía Carmona Badía, X., Coord. Empresarios de Galicia. CIEF, Centro de Investigación Económica e Financeira. Fundación Caixa Galicia, 2006.

Ligazóns externas Perfil de José Barreras Massó

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1950