miniatura|250px|Pazo de Banga, residencia dos Quiroga. José Fernando Quiroga Pérez de Deza, nado en Banga (O Carballiño) en 1848 e finado no Carballiño o 12 de novembro de 1912, foi un avogado galego, marido de Emilia Pardo Bazán.
Traxectoria Fillo de Pedro Antonio Quiroga e irmán de Eduardo Quiroga Pérez. Estudante de Dereito, licenciouse en Dereito Civil e Canónico pola Universidade de Santiago de Compostela. Casou con Emilia Pardo Bazán o 10 de xullo de 1868 na capela da granxa de Meirás. Tiveron tres fillos: Jaime, María de las Nieves e Carmen. En 1869 a familia trasladouse a Madrid cando o seu sogro José Pardo Bazán foi elixido deputado nas Cortes.
Separado da súa muller, promoveu e construíu no castelo de Santa Cruz un pazo para vivenda, compartindo a súa residencia entre o pazo de Banga e o castelo. Herdou todo o patrimonio e rendas a súa filla María de las Nieves (ou familiarmente Blanca), casada con José Cavalcanti.
Foi presidente do Circo de Artesanos da Coruña.Necrolóxica en El Noroeste, 13-11-1912, p. 2. Finou no Carballiño o 12 de novembro de 1912.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Familia y patrimonio de Emilia Pardo Bazán y de su marido José Quiroga (XXXIII) José Quiroga Pérez de Deza, marido de Emilia Pardo Bazán
Categoría:Avogados do Carballiño Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1912